viernes, 21 de junio de 2013

TIVEMOS UN GAITEIRO

  PERO SE NOS MOLLOU E TIVEMOS QUE RECOLLER A GAITA!!!

jueves, 20 de junio de 2013

SIN DUDA..

  .. o mais limpiño...como se pode camiñar 50 kms co dia que facía e chegar como un pincel?
co paragüitas..so lle falta un bombin!!!

martes, 11 de junio de 2013

...E COUSAS INCREBLES!!!

Esta ano ó final quedamos alucinados por temas variados:

1) ¿Como se pode chegar ben vestidiña, cun dorsal de algún, antes de que chegue o primeiro sudoroso e decir: "vengo a por lo que pagó"?

(porque non o facemos mais, que sino o ano que ven xa dabamos todo na oficiña a hora de inscribirse)

2) ¿Como poden chegar 3 vestidos de calle, a polo diploma? 
- pero mirade, si non fixeches a andaiana ¿queredes o diploma igual?
- Pois claro!!!

(debía haber unha modalidade a distancia tipo UNED, e non nos enteramos)

3) Venres pola tarde no local:
- E que se me pasou que estaba facendo o Camiño de Santiago
- Xa pero mira, e que xa lle dixemos dende o luns a bastantes que non, que pechamos o día 3, e non é cuestión...
- Non pero eu so...
- Non home sería unha flata de respeto ós que quedaron fora
- E si vou pola miña conta?
- Camiñar el libre podes ir cando queiras  Teixido, pero as er posible non cando vaiamos nos.
- Pois non sei porque non?
- Porque levamos todo organizado e temos unha responsabilidade sobre a xente que participa, e imaxinate que te ocurre a ti algo...temos que parar todo para atenderte a ti, asi que por favor non veñas...

Pois comos somos mais chulos que nadie, e so obecemos ordenes non "porfavores", nos colamos, nos aproveitamos da organización, e despois reclamamso que veñan os cabaleiros da orde de malta a protexer os camiñantes...

En fin jetas os hai, ate no camiño de Teixido


domingo, 9 de junio de 2013

GRACIAS A TODOS


Todos os que durante estes 15 anos, organizamos esta locura, e vos podemos decir que foron moitos compañeiros e compañeiras, os que traballamos para que esto saíra o mellor que puideramos  dentro das nosas posibilidades e mellorar ano a ano a o que se puidera, tendo en conta que Teixido, estaba donde estaba e do xeito que estaba. Quixeramos que non tivera ningun asfalto, que ningún madereiro se metera polo medio, que se reduxera a cantidade de eucaliptos, pero.... todo iso non estaba nas nosas mans.

Igual que o tempo. Por dous anos seguidos San Andrés non se comportou. Pensamos que quería que rematáramos dunha vez, moita xente (3500 en 15 anos) chegaban na categoría de: "case mortos"..e iso non entra dentro do "ou vivos ou mortos" .

Ali quedan estes 15 anos de vivencias, de anécdotas  ahí queda ese amilladoiro que "inauguramos" para as nosas almas...ou para o que sexa...ahí queda.

E ahí queda un tremendo esforzo dunha entidade modesta que cun modesto presuposto, e unha cantas axudas puntuais, voltou a  poñer o nome de Teixido no mapa das romerías, ainda que fora dun xeito salvaxe a traveso de 50 kms de vinchocas e maniotas.

Pero esto sen dubida foi grazas a vos, eses 3500, que durante 15 (alguns moitos anos seguidos) tirachedes do peito na costa do Esepron ou na costa de Aro

Grazas por camiñar connosco estes 15 anos!!

miércoles, 5 de junio de 2013

O AMILLADOIRO DOS 50

Os amilladoiros son montóns de pedras que os romeiros van deixando en sitios como no camiño do santuario, cruzamentos de camiños, paraxes sagradas, etc.

Contabilízanse ata 20 amilladoiros entre o lugar de Viriño e Teixido. As pedras dos amilladoiros di a lenda que "falarán no Xuízo final" para dicir que almas cumpriron coa promesa de ir a San Andrés.

Este costume séguese practicando polos romeiros que peregrinan ao santuario de San Andrés, como demostra o extraordinario amilladoiro que hai no lugar de "O Campo do Choíño" na chamada "Costa Pequena".

Nos ó principio desta costa, imos deixar a nosa pegada. No último avituallamento en San Roque de Reboredo, os compañeiros de Cedeira poñerán a vos disposición pedras da zona, que dirá para sempre que ti pasaches por alí, e uns 3500 camiñantes mais nos derradeiros 15 anos.

CAMBIO PROVISIONAL NA TRAZA


O FINAL, POR NON CRUZARNOS CON NINGUN COCHE DOS DO RALLY, IMOS A DAR OS BOCADILLOS NO ENCORO DO FORCADAS, E O QU QUEIRA QUE O COMA ALI, ALGO MAIS ADIANTE OU NA CASA DO MORCEGO (DONDE O CAFE DE POTA) ANIDA QUE XA ESTÁ A 2'5KMS DE ALI.
POLO QUE PARECE A ESO DAS 13.45H OS ALEGRES CHICOS DO MOTOR, LEVANTARIAN O TRAMO, POLO QUE A METADE DOS CAMIÑANTES, XA RETOMARIAN O LUGAR DA CAPELA COMO SITIO FUNDAMENTAL DE PARADA E PASO

martes, 4 de junio de 2013

PECHAMOS A INSCRIPCION

A FALTA DE QUE NOS ENTREGUE ALGUNHA DOCUMENTACIÓN ALGUN COMPAÑEIRO, XA PECHAMOS.

O MERCORES SO O DEIXAMOS PARA OS SOCIOS.
CASI 300 NON ESTÁ MAL

lunes, 3 de junio de 2013

HOXE, ÚLTIMO DIA

Para todos aqueles que non son socios, hoxe remata o plazo de inscripción, houbo ben de tempo, así que .....

viernes, 31 de mayo de 2013

RALLY NARON

Estes anos, andabamos mirando para no coincidir no espazo -tempo que diria Eistein, este ano non sabemos como pasou, parece que 150mts na Capela da Fame (espazo) a hora de comer (tempo), coinciden.
Estamos a facer xestións, para que esto non teña lugar.
Non sería deseable, vamos!

Logo nos preguntan porque deixamos de organizar esto.......

martes, 28 de mayo de 2013

BALANCE DE 15 ANOS DE MARCHAS

Maña no Ateneo as 20h, imos facer un breve resume, con unhas cantas imaxes do camiño, e contaremos que había nun principìo, como foi cambeando o camiño (algun grao de area será noso...pensamos), e que queda por facer, e sobre todo...¡Porque non temos pensado facelo mais!

Se queredes ir facer algunha pregunta, tamén podedes ir.

jueves, 23 de mayo de 2013

TODO O CAMIIÑO REMARCADO

Onte fumos facer o tramo final do camiño nas terras de Cedeira, os camiños, non están moi mollados, a vexetación deixa camiñar.
Coincidirá con tramos da volta cicilsta deste fin de semán, que tamén se chama...."Terras de Cedeira", así que moitos sitios estarán ben pisadiños

jueves, 16 de mayo de 2013

A COUSA VAISE ANIMANDO

Ben, xa pasamos de 60 inscritos, lembrade que a data última é o 3 de xuño ou ben cando cheguemos ós 250.

Estamos pensando en facer un novo milladoiro, alí con pedras levadas de eiqui ¿que vos parece?

martes, 7 de mayo de 2013

XA EMPEZAMOS...

Pouco a pouco imos a empezar... na pestana de condicions e incripcións vai todo.

Se queredes mais info non tedes mais que enviar un correo, a   marchascmf@gmail.com

Este ano metemos algo no que imos a empezar a facer obligatorio, pero que desta volta facemolo  voluntario:
un seguro de accidentes, con Mapfre.

Ademais lanzamos unha nova idea, e aí vai a enquisa: se o ano que ven facemos os 50kms da Costa de Ferrol ¿participarias?

martes, 30 de abril de 2013

¿QUE SI É A ÚLTIMA?

Polo menos neste formato si, ¿porque? nos preguntan moitos..en breve volo contaremos.

TRABALLANDO A TOPE

Nestes dias estivemos xa remarcando o trazado, de feito entre Caranza e Porto do Cabo, está todo remarcado. Hai zonas con bastante auga coma a zona da Boieira, pero agardamos que de eiqui alo vai secando.

O cartel e mais o folleto de inscripción están casi listos agardamos telos xa ó principìo da seman que ven, e o 6 poder empezar a inscribir.

Hai moitas consultas, así que supoñemos que chegaremos axiña as 250 plazas.


lunes, 25 de febrero de 2013

A XENTE VEN CON GANAS!!!!!

SINON MIRADE QUE CORREO NOS CHEGA....

El 24 de febrero de 2013 05:59, J.C.R.O.
escribió:

Buenos dias,quisiera saber cuando empieza el plazo para inscribirse a los 50 Km de San Andres.Os lo pregunto porque .......estoy en .......en Somalia y quiero ver si puedo inscribirme desde aquí porque no quisiera perderme por nada la marcha ..............Muchas gracias por vuestra atención.****

 PD: Aquí tengo otro par de compañeros que quieren hacer la marcha. Un saludo desde Somalia.



viernes, 18 de enero de 2013

...E ÚLTIMA!

Queríamos este ano, que se cumple a 15 edición e preveemos que última, facer algo especial.

Así que admitimos todo tipo de ideas. 
Enviade correos a presidentecmf@gmail.com